sábado, 29 de abril de 2017

" Avelaíñas Teatro" participou nas II Xornadas de Educación na Estrada: educaSTRADA

A aula de Teatro " Avelaíñas Teatro"  participou  nas  II Xornadas  de Educación na Estrada que se celebraron os días 28 e 29 de abril,  no MOME . Alí estivo representada por  Xosé Eixo que  falou  de como e cando naceu a aula de teatro, das actividades que  realiza cada ano, dos obxectivos que persegue e da súa vocación de elemento integrador.
                                                           Fotos da súa intervención





luns, 3 de abril de 2017

23 de abril V Festival de Teatro da Estrada

Calendario de actuación de " Avelaíñas Teatro"

Calendario de actuacións de Avelaíñas Teatro para representar Mananciais de Historias:

28 de marzo: teatro principal da  Estrada

1 de abril: Palas de Rei

25 de abril: Muros

27 de maio: Laxe

Entre o 16 e o 21 de maio: será representada en Burgos, Zaragoza e Barcelona, en colaboración cunha asociación da terceira idade de Pineda de Mar.

23 de abril: V Festival de Teatro Escolar da Estrada