O 28 de xaneiro no Teatro Principal tivo lugar a representación da obra Unha avelaíña chamada ledicia, do grupo de teatro do IES Antón Losada Diéguez. Oito historias postas en escena a cargo dos máis de corenta actores e actrices.
A aula de Teatro " Avelaíñas Teatro" participou nas II Xornadas de Educación na Estrada que se celebraron os días 28 e 29 de abril, no MOME . Alí estivo representada por Xosé Eixo que falou de como e cando naceu a aula de teatro, das actividades que realiza cada ano, dos obxectivos que persegue e da súa vocación de elemento integrador.
Calendario de actuacións de Avelaíñas Teatro para representar Mananciais de Historias:
28 de marzo:teatro principal da Estrada
1 de abril:Palas de Rei
25 de abril: Muros
27 de maio: Laxe Entre o 16 e o 21 de maio: será representada en Burgos, Zaragoza e Barcelona, en colaboración cunha asociación da terceira idade de Pineda de Mar.
23 de abril: V Festival de Teatro Escolar da Estrada